Exhibición de Graffiti a cargo de Belin e artistas galegos como Seko(Vilagarcía), Taladas(Santiago), Osiris(Santiago), Meos(Vigo), Nana(Ordes), La gripe(Lugo), Concepto circo: Bona, Yoe e Snijer(Lugo), Aiser(Coruña)DKTC, Zero(Santiago), Ongos(Santiago), Miss 7(Ourense), Poch(Ponferrada) e Gum(ordes) que deixarán plasmada a súa obra nos muros do Instituto Xelmírez e taboleiros montados para a ocasión.
Sobre o artista convidado:
Belin comenzou a pintar no ano 1994 na súa cidade natal (Linares), onde aínda conservase gran parte do seu traballo. Ten participado en numerosos concursos onde obtivo diferentes premios, así como en exhibicións internacionais (Londres, Dublín, Sevilla, Haßmersheim, Barcelona, Madrid, Sicilia, Nápoles, etc.), expoñendo tamén individualmente en cidades coma Manchester, así coma en galerías por toda España.
O estilo deste artista mudou co paso do tempo, contando con traballos impresionistas, wildstyles, ou pastel entre outros, pero actualmente a súa obra decántase e destaca polo seu estilo hiperrealista valorado por críticos, siareiros e expertos. É doado atopar nas súas obras a fusión de distintas dimensións, o 2D e 3D.
Aínda ca temática da súa obra é variada e ten feito letras, na actualidade centra a súa actividade en debuxos (chamados comunmente "monecos" no argot).
En exposicións pode centrar o seu traballo nunha única temática, coma por exemplo realizando obras de crítica social, ou ben adicadas ó terceiro mundo, á infancia, ou á terceira idade.
Mas info en: www.belin.esUn año mas en el evento contaremos con los mejores escritores del territorio nacional.
- Belin (Linares)
- Seko (Vilagarcía)
- Taladas (Santiago)
- Osiris (Santiago)
- Meos (Vigo)
- Nana (Ordes)
- La gripe (Lugo) Concepto circo
- Bona (Lugo) Concepto circo
- Yoe (Lugo) Concepto circo
- Snijer (Lugo)Concepto circo
- Aiser (Coruña)DKTC
- Zero (Santiago)
- Ongos(Santiago)
- Miss 7(Ourense)
- Poch(Ponferrada)
- Gum(ordes)
